Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2012 Páx. 32751

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (58/2012).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento 58/2012, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte e tres de maio de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) desta cidade, os autos número 58/2012, promovidos por instancia de José Manuel Ramilo Calviño e Antonio Rodríguez Rey, representados polo seu letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Consmabe 2006, S.L., que non comparece no acto do xuízo, o administrador concursal de Consmabe 2006, S.L., Alberto Lobo Requejo, e o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando a demanda formulada por José Manuel Ramilo Calviño e Antonio Rodríguez Rey, representados polo seu letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Consmabe 2006, S.L., que non comparece no acto do xuízo, o administrador concursal de Consmabe 2006, S.L., Alberto Lobo Requejo, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar a José Manuel Ramilo Calviño a cantidade de 1.773,73 euros e a José Antonio Rodríguez Rey a cantidade de 1.678,27 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 ET. Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, contra ela non cabe recurso ningún.»

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Consmabe, S.L. expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial