Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32547

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO 631/110/2012 sobre corrección de erro material do PXOM en San Pedro de Visma.

O Pleno Municipal do Concello da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 9 de xullo de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Tomar coñecemento e aprobar a corrección de erro material descrita no documento formulado polos técnicos municipais denominado Corrección de erro material nunha parcela de equipamento dotacional do PXOM de 1998 situada en San Pedro de Visma, consistente en corrixir a titularidade privada (Pv) a pública (Pb) da parcela con referencia catastral número 6424904NJ4062S0001WZ, a cal consta inscrita a favor do Concello da Coruña no Rexistro da Propiedade número 2 da Coruña no tomo e libro 1.858, folio 181, alta 1ª, terreo 97.981.

Segundo. Tomar coñecemento e aprobar o cambio de uso, condicionado á eficacia do acordo primeiro, descrito no documento formulado polos técnicos municipais denominado Cambio de uso de parcela de equipamento público educativo situada en San Pedro de Visma para uso de equipamento de continxencia, consistente en realizar o cambio de uso de equipamento educativo de titularidade pública ED (Pb), a equipamento de continxencia de titularidade pública XX (Pb).

Terceiro. Notificar o presente acordo á Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en cumprimento do disposto no artigo 92.5 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Cuarto. Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Notificar o presente acordo á Federación Galega de Fútbol en cumprimento do disposto no borrador do protocolo de colaboración, e ás áreas e servizos municipais implicados na súa xestión.

Contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, se ben previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recurso de reposición ante o órgano que o ditou. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpoñer o contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte á adopción do acordo ou o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 16 de xullo de 2012

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo