Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32546

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de información pública sobre licenza de actividade de taller de reparación de vehículos.

Neste concello tramítase expediente por instancia de José Antonio Sánchez Mirón, para licenza de actividade de taller de reparación de vehículos (chapa e pintura), para situar no lugar de Triñáns, nº 7, parroquia de Abanqueiro, Boiro, actividade sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, exponse ao público por termo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Boiro, 19 de xullo de 2012

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde