Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2012 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación de subministracións (expediente 17/12) (3 lotes).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo. Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratacion.

2º. Enderezo: edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 35 56.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: xscont@uvigo.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 17/12.

2. Obxeto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: plataforma de desenvolvemento para procesador de alto rendemento – 3 lotes.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 3. Lote 1: chasis flexible para dixitalización; lote 2: dixitalizador de altas prestacións; lote 3: amplificador con atenuador programable.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: laboratorio de hardware de procesamento de datos do Centro de Investigacion AtlanTIC da Universidade de Vigo.

2º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de entrega: 3 meses (todos os lotes).

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 30240000-3 C CPA: 32.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedimento: aberto.

c) Criterios de adxudicación.

1º. Prezo da oferta: 50 puntos.

2º. Especificacións técnicas: 50 puntos. De acordo co establecido na folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: lote 1: 21.500 €; lote 2: 29.400 €; lote 3: 7.100 €.

5. Orzamento base de licitación: lote 1: a) Importe: 21.500 € + 4.515 € de IVE para soportar. Lote 2: 29.400 € + 6.174 € de IVE para soportar. Lote 3: a) Importe: 7.100 € + 1.491 € de IVE para soportar.

6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva (5 % importe de adxudicación sen IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Enderezo electrónico: xscont@uvigo.es

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende – 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Data e hora: publicarase no perfil de contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios a rateo, aproximadamente 1.200 euros o total.

11. Outras informacións: Feder 2010. UNVI10-1E-1458. Finánciase parcialmente con fondos Feder nun 70 %, no marco do programa operativo: programas operativos rexionais do obxetivo de competitividade Rexional e Emprego de programación. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 31.12.2012.

Vigo, 6 de agosto de 2012

P.D. (Resolución do 5.9.2011; DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo