Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de realización de probas de laboratorio para os centros dependentes do Servizo Galego de Saúde (AI-SER1-12-026).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 29 de agosto de 2012.

d) Número de expediente: AI-SER1-12-026.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de realización de probas de laboratorio para os centros dependentes do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/2.

d) Prazo de execución/entrega: 12 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 85145000-7.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntos

• Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

1. Proxecto de xestión do servizo.

a) Metodoloxía de realización de probas.

b) Recollida, envío e transporte de mostras.

c) Medios técnicos.

0-20

2. Sistema de información e comunicación.

0-10

• Criterios valorables de forma automática (sobre C)

1. Prezo ofertado.

0-65

2. Desconto sobre catálogo.

0-5

4. Valor estimado do contrato: 5.979.211,42 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 2.299.696,7 euros. Importe total: 2.299.696,7 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría):

Lote 1: grupo N, subgrupo 1, categoría D.

Lote 2: grupo N, subgrupo 1, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 29 de agosto de 2012.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 24 de xullo de 2012.

12. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos