Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, para a contratación do servizo de limpeza en varios centros de saúde e puntos de atención continuada (AB-ASF1-12-011).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4. Teléfono: 981 33 67 62 y 981 33 45 14.

5. Telefax: 981 33 45 51.

6. Correo electrónico: contratación.subministracións.asf@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborais das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-12-011.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: limpeza dos centros de saúde e puntos de atención continuada.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: ver pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 90910000-9.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

– Valoración técnica do proxecto: ata 50 puntos.

– Oferta económica: ata 40 puntos.

– Achega de melloras adicionais: ata 10 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 2.776.271,23 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 991.525,42 €.

b) IVE: 178.474,58 €.

c) Importe total: 1.170.000,00 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos del contratista.

a) Clasificación, de ser o caso: grupo U, subgrupo 1, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 12.9.2012.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) A data, hora e lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso): 23.7.2012.

12. Outras informacións: portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos, perfil do contratante: www.sergas.es

Ferrol, 16 de xullo de 2012

P.D. (Orde 28.9.2011, DOG nº 188, do 30 de setembro)
Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol