Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación da subministración de bens de forma sucesiva e por prezo unitario, mediante acordo marco con procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor, de implantes de traumatoloxía (MS-CHC1-12-004).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, paseo Xeneral Sir John Moore, 2-1ª planta, 15001 A Coruña, teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: 27.8.2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración de implantes de traumatoloxía.

c) División por lotes e número de lotes: existen 7 lotes.

d) Lugar de execución/entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: 12 meses desde a entrada en vigor do contrato.

f) Admisión de prórroga: si. A duración do contrato, incluídas as prórrogas, non superará os 24 meses.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) CPV: 33141750-2.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento sen IVE: 1.965.312,00 euros.

b) IVE: 157.224,96 euros.

c) Importe con IVE: 2.122.536,96 euros.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non.

Definitiva: cinco por cento do valor estimado dos contratos derivados do acordo marco, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 27.8.2012.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integral da Coruña, Hospital Abente e Lago.

2. Domicilio: paseo Xeneral Sir John Moore, nº. 2-1ª planta.

3. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Admisión de variantes: si.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o establecido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Abente e Lago, planta segunda edificio antiga Xerencia de Atención Primaria da Coruña, paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Data e hora: a data de celebración de apertura do sobre B relativo a criterios non avaliables de forma automática e sobre C relativo a criterios avaliables de forma automática, publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es.

9. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 18 de febreiro de 2012.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 23.7.2012.

A Coruña, 6 de xullo de 2012

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña