Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 17 de xullo de 2012, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, pola que se fai pública a formalización do procedemento aberto para a contratación de servizos de fisioterapia, logopedia, atención temperá e rehabilitación integral a pacientes con parálise cerebral e patoloxías semellantes das áreas Norte, Sur e O Salnés da provincia de Pontevedra (AB/SER4/11/012).

Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG nº 147, do 2 de agosto, cómpre facer a oportuna corrección:

Na páxina 31.057, onde di: «Importe de adxudicación: 1.320.000,00 euros», debe dicir: «Importe de adxudicación: 840.000,00 euros por quedar o lote 3 deserto».