Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 27 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2012/000021-2 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial de Lugo, na Xefatura de Coordinación da Área do Mar, na avenida Ramón Canosa s/n, 27863 Viveiro.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000021-2.

Denunciado: Abel Orjales Fraga.

DNI: 76399801-B.

Enderezo: r/ Suasbarras, 24, Viveiro.

Precepto infrinxido: 137.B.2.

Sanción: 151 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000027-2.

Denunciado: Fernando Casas Díaz.

DNI: 32657469-E.

Enderezo: avenida Castelao, 32, 3º, Cedeira.

Precepto infrinxido: 137.B.2.

Sanción: 3.000 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000129-2.

Denunciado: Francisco Seijas Cuadrado.

DNI: 76566218-T.

Enderezo: estrada general, 40, Foz.

Precepto infrinxido: 137.D.5.

Sanción: 300 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderan solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza desta resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado no que manifeste o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Lugo, 27 de xullo de 2012

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo