Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 27 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de incoación e trámite de audiencia de expedientes sancionadores (PESAN1 2012/000138-2 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as incoacións e trámite de audiencia dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentar ante a xefatura territorial as alegacións que consideren pertinentes.

Os expedientes relacionados a continuación están á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial de Lugo, na Xefatura de Coordinación da Área do Mar, sita na avda. Ramón Canosa, s/n, 27863 Viveiro.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000138-2

Denunciado: Pescados Ramos de Ribeira, S.L.

CIF: B27252188.

Enderezo: peirao da Palloza, dpto. local 2, A Coruña.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000146-2.

Denunciado: Benigno Casas Villar.

DNI: 76406515D.

Enderezo: lugar de Montemao-San Román, Cedeira.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000160-2.

Denunciado: Diego del Pozo Sánchez.

DNI: 72423141M.

Enderezo: r/ Pintor El Greco, 15, baixo A, Móstoles.

Lugo, 27 de xullo de 2012

Miguel A. Otero Soto
Instrutor