Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32122

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1271/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña fago saber que nos autos rexistrados co número 1271/2009, seguido por instancia de Mutua Galega de Accidentes de Traballo contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Cos Coruña, S.L. ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é a seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 5 de xullo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reintegro de prestacións 1271/2009. É demandante Mutua Galega de Accidentes de Traballo, coa representación da letrada Sra. Vidal Rodríguez, e demandados a empresa Cos Coruña, S.L., así como o Instituto Xeral da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), coa representación do letrado da Administración da Seguridade Social Sr. González Quintas.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Mutua Galega de Accidentes de Traballo contra a empresa Cos Coruña, S.L., así como contra el Instituto Xeral da Seguridade Social e contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e, en consecuencia, declaro a responsabilidade directa e principal da empresa Cos Coruña, S.L. no aboamento das prestacións de incapacidade temporal e dos gastos de asistencia sanitaria satisfeitos aos traballadores Juan Trigo Caamaño, Miguel Remuiñán Vázquez e José Manuel Bello Mato por accidente de traballo, así como a subsidiara do Instituto Nacional da Seguridade Social, como Fondo de garantía de accidentes de traballo, no concreto suposto de insolvencia declarada da empresa, e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, como Fondo de reaseguro, e condeno a empresa Cos Coruña, S.L. ao aboamento a favor de Mutua Galega de Accidentes de Traballo da cantidade de 1.588,24 euros, con responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social, así como de la Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Cos Coruña, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 11 de xullo de 2012

A secretaria xudicial