Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32121

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (585/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 585/10 por instancia de José Luis Loureiro Fandiño contra Magneto Galicia, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 16.7.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Ditame.

Estímase a demanda interposta por José Luis Loureiro Fandiño fronte a Magneto Galicia, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa Magneto Galicia, S.L., a aboar ao demandante a cantidade de mil douscentos vinte e oito euros con sete céntimos de euro (1.228,07 euros) percibindo os conceptos salariais do 10% de xuro moratorio.

Notifíquese a resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Magneto Galicia, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 19 de xullo de 2012

A secretaria xudicial