Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31346

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (124/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no proceso seguido por instancia de Luis Espiñeira Fortuna contra Instalaciones Seax, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 124/2010, se acordou notificar a Instalaciones Seax, S.L., en ignorado paradoiro, a resolución da sentenza recaída en autos.

Resolvo que estimando a demanda interposta por Luis Espiñeira Fortuna contra a empresa Instalaciones Seax, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de dous mil setenta e un euros e vinte e un céntimos (2.071,21 euros).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de citación a Instalaciones Seax, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de xullo de 2012

A secretaria xudicial