Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31345

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (75/2012).

Manuel Rodríguez Zarraquiños, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, mediante este edicto anuncio que no presente procedemento ordinario, seguido por instancia de Pastor Servicios Financieros, E.F.C., S.A. fronte a Nuria Novoa Novoa e Natalia Novoa Novoa, se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

En Ourense o vinte e seis de xuño de dous mil doce.

Vistos por María José González Movilla, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 dos de Ourense e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario número 75/12, sobre reclamación de cantidade, promovidos por instancia da entidade Pastor Servicios Financieros, Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., representada pola procuradora sra. Ogando Vázquez, asistida polo letrado sr. Fernández-Ayala Novo, contra Nuria Novoa Novoa e Natalia Novoa Novoa, ambas as dúas en situación de rebeldía neste procedemento. Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decido que, aceptando a demanda formulada pola representación da entidade Pastor Servicios Financieros, Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., contra Nuria Novoa Novoa e Natalia Novoa Novoa, debo condenar e condeno as demandadas a lle aboar á demandante a suma de once mil oitocentos sete euros e un céntimo, máis os xuros percibidos pola dita cantidade calculados ao tipo pactado no contrato desde a data de liquidación da conta, impoñéndolles expresamente o pagamento das custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación na forma prevista nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

E encontrándose as ditas demandadas, Nuria Novoa Novoa e Natalia Novoa Novoa, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación a estas.

Ourense, 27 de xuño de 2012

O secretario xudicial