Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31343

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1040/2009 CG).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 1040/2009 CG.

Materia: outros dereitos de Seguridade Social.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Recorridos: Tesouraría Xeneral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Extracciones Gragonfer, S.L., Leoncia Fernández Pereira.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Vigo (demanda 460/2008).

Secretaría: Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Certifico: que no recurso de suplicación número 1040/2009 CG a que se refire o encabezamento, seguido ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanante dos autos número 460/2008 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, sendo recorrente o Instituto Nacional da Seguridade Social fronte á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Extracciones Gragonfer, S.L., Leoncia Fernández Pereira, sobre outros dereitos de Seguridade Social, con data 10 de xullo de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado da Administración da Seguridade Social, na representación que posúe o Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza de data dezanove de decembro de dous mil oito, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo, en autos seguidos por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo fronte á entidade recorrente, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Leoncia Fernández Pereira e a empresa Extracciones Gragonfer, S.L., sobre pensión de viuvez, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Extracciones Gragonfer, S.L., con último domicilio coñecido en S. Jorge-Vendanova, Salceda de Caselas (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 10 de xullo de 2012

O secretario xudicial