Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31347

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (226/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 226/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luisa Fernanda Calón Fariña contra as empresas Puerta Fácil Baliasa, S.L. e Fessler del Noroeste, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña o vinte e nove de maio de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre despedimento entre partes, dunha, como demandante Luisa Fernanda Calón Fariña, que comparece asistida polo letrado Felipe Martínez Ramonde, e doutra, como demandado, comparecen Josegfina Dobarro Rama e Francisco Baldomir Veiga, como administradores de Fessler del Noroeste, S.L. Francisco Baldomir comparece, así mesmo, como representante de Puerta Fácil Baliasa, S.L.

1º Decido: estimo a demanda sobre despedimento formulada por Luisa Fernanda Calón Fariña fronte á empresa Fessler del Noroeste, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, en caso de opción por readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

2º A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada Fessler del Noroeste, S.L., segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, de optar a empresa por ela: 13.095,23 euros (trece mil noventa e cinco euros con vinte e tres céntimos de euro).

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento calculados a razón de 44,77 euros/día, e que ata a data desta sentenza ascenden a 5.372,72 euros.

3º Estimo a acción de reclamación de salarios, condenando a empresa demandada Fessler del Noroeste, S.L. a lle aboar á demandante a cantidade de 2.305,61 euros polos conceptos salariais recollidos no feito probado terceiro.

4º Desestimo as accións exercidas contra a empresa Puerta Fácil Beliasa, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0226 12, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, co nº 1533 0000 60 0226 12, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado xuíz que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación a Fessler del Noroeste, S.L., Puerta Fácil Baliasa, S.L. e Fessler del Noroeste, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de xullo de 2012

O secretario xudicial