Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 20 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas que se indican a resolución do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal DT-007/11.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal que se detalla no anexo.

Pontevedra, 20 de xuño de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luís Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: DT-007/11.

Nome: Julio Benito Rascado Hermida.

Enderezo: rúa Alemania, núm. 53, 4º B, Monte Porreiro, Pontevedra.

Asunto: notificación da resolución do procedemento de desafiuzamento administrativo por ocupación sen título legal DT-007/11.

Indicación do contido: acórdase o lanzamento de Julio Benito Rascado Hermida e demais ocupantes sen título da vivenda de promoción pública situada na rúa Alemania, núm. 53, 4º B, Monte Porreiro, Pontevedra, identificada co expediente de construción PO-82/080, conta 118.

Recursos: contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer ante o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa recepción conforme os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente, dentro dos dous meses seguintes ao da notificación desta resolución, segundo establecen os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).