Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 20 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas que se indican a resolución do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal DT-008/11.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal que se detalla no anexo.

Pontevedra, 20 de xuño de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luís Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: DT-008/11.

Nome: María Elena Gómez Lorenzo.

Enderezo: rúa Celso Emilio Ferreiro, núm. 11, 4º A, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

Asunto: notificación da resolución do procedemento de desafiuzamento administrativo por ocupación sen título legal DT-008/11.

Indicación do contido: acórdase o lanzamento de María Elena Gómez Lorenzo e demais ocupantes sen título da vivenda de promoción pública situada na rúa Celso Emilio Ferreiro, núm. 11, 4º A, do concello de Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, identificada co expediente de construción PO-83/010, conta 5.

Recursos: contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer ante o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa recepción conforme os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente, dentro dos dous meses seguintes ao da notificación desta resolución, segundo establecen os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).