Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2012, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 7190/2012, interposto por Charles Hamish Brown e Joseph Stewart Brown contra a Resolución ditada o 1 de marzo de 2012, pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 31 de marzo de 2011, do IGVS, de incoación de expediente de reversión de terreos transmitidos ao IGVS incluídos no sector 10 do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña (Parque Ofimático).

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 3ª, remitiu a esta administración un oficio polo que se solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 7190/2012, interposto por Charles Hamish Brown e Joseph Stewart Brown contra a Resolución ditada o 1 de marzo de 2012, pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 31 de marzo de 2011, do IGVS, de incoación de expediente de reversión de terreos transmitidos ao IGVS incluídos no sector 10 do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña (Parque Ofimático).

En consecuencia, acórdase nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao dito tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos citados, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administratrivo, Sección 3ª, no prazo de nove días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2012

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo