Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 20 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas a extinción do contrato de arrendamento por falecemento do seu titular, coa recuperación da posesión da vivenda, do procedemento de desafiuzamento administrativo P-017/04.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a extinción do contrato de arrendamento por falecemento do seu titular, coa recuperación da posesión da vivenda do procedemento de desafiuzamento administrativo que se detalla no anexo.

Pontevedra, 20 de xuño de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luís Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: P-017/04.

Nome: comunidade hereditaria de Constante González González.

Enderezo: rúa Alexandre Bóveda, núm. 8, 2º A, Vigo, Pontevedra.

Asunto: extinción do contrato de arrendamento por falecemento do seu titular, coa recuperación da posesión da vivenda identificada co expediente de construción PO-83/400, conta 39.

Indicación do contido: declarar a extinción do contrato de arrendamento por falecemento do seu titular, coa recuperación da posesión da vivenda identificada co expediente de cons-trución PO-83/400, conta 39, sita na rúa Alexandre Bóveda, núm. 8, 2º A, do concello de Vigo, Pontevedra, que levará a cabo o funcionario do Instituto Galego da Vivenda e Solo que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo xefe territorial do Instituto Galego da Vivenda e Solo e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da administración, incorporada ao expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicos ou locais.

Recursos: contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer perante o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa recepción conforme os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente, dentro dos dous meses seguintes ao da notificación desta resolución, segundo establecen os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).