Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 11 de xullo de 2012, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica á interesada a resolución do expediente sancionador VP-C-3/11.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle á interesada a resolución do expediente sancionador VP-C-3/11 por infracción tipificada no artigo 110.4.d) da Lei 18/2008, do 29 de decembro, da vivenda de Galicia.

Á dita infracción impónselle unha multa de 470 €.

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa recepción, conforme os artigos 107.1 e 114 a 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De non ter presentado recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme en vía administrativa, debendo aboar o importe da multa por transferencia bancaria no período voluntario sinalado no boletín de multas e sancións, ao seu dispor na área provincial do IGVS (sita na praza de Luís Seoane, s/n, 9ª planta da Coruña), na conta restrinxida que consta no devandito boletín facendo constar o número do expediente sancionador. De non efectuar o pagamento dentro do prazo establecido, procederase á súa execución por vía de constrinximento.

E, para que conste e lle sirva de notificación á interesada ausente na repartición, no cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 11 de xullo de 2012

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: VP-C 3/11.

Denunciada: Elena Galbán Rey.

Rúa: Sánchez Freire, nº 1-3º B.

Concello: Santiago de Compostela.

Infracción: artigo 110.4.d) da Lei 18/2008, do 29 de decembro, da vivenda de Galicia.