Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31070

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trabada

ANUNCIO de información pública sobre o expediente de delimitación do solo de núcleo rural común da Fórnea.

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda, punto 2, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e na redacción dada a esta pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e El Progreso. No caso de producirse a inserción en datas diferentes, o prazo computará desde a última publicación.

Durante este prazo poderase examinar o expediente na Secretaría do concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Trabada, 11 de xullo de 2012

José Manuel Yanes Ginzo
Alcalde