Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31071

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre a contratación do servizo do Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Benestar Social. Nº expediente 71394-301.

2. Obxecto do contrato: descrición: servizo do centro, servizos e programas que se integran no Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social situado nas instalacións de Marqués de Valterra nº 6 e piso e que inclúen: albergue; centro de acollida e inclusión; comedor social; centro de atención social continuada; centro de día de inclusión social; unidade de rúa; unidade de hixiene.

Lugar de execución: concello de Vigo.

Prazo de execución: dous anos.

Prórroga: dúas prórrogas dun ano cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base.

1.431.382,52 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos quince (15) días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo, ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es).

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións.

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 16 de xullo de 2012

P.D.
Santos Héctor Rodríguez Díaz
Concelleiro da Área de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado