Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31073

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de información pública sobre o establecemento dun almacén de coloniais para unha empresa de distribucións alimentarias.

Marcelino Fernández Castiñeiras, en representación de sucesores de Marcelino Fernández, S.L. solicitou a esta alcaldía licenza municipal para o establecemento dun almacén de coloniales para unha empresa de distribucións alimentarias que se instalará no parque empresarial de Landrove, concello de Viveiro. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un período de vinte días hábiles –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia– así como exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante este as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Viveiro, 19 de xullo de 2012

Melchor Roel Rivas
Alcalde