Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31069

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de información pública sobre construción de dous silos tipo trincheira e unha plataforma de formigón en Sinde.

Abel Valiña Irimia solicitou desta alcaldía licenza municipal para construción de dous silos tipo trincheira e unha plataforma de formigón que se situará en Sinde (Gueimonde). En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Pastoriza, 23 de xullo de 2012

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde