Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30799

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Palas de Rei

ANUNCIO de información pública sobre a construción de cebadeiro de porcino en Remesedo (Ramil).

Alfredo Núñez Choren solicitou desta alcaldía licenza municipal para construción de cebadeiro de porcino que se situará no lugar de Remesedo, na parroquia de Ramil. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Palas de Rei, 27 de xullo de 2012

Pablo José Taboada Camoira
Alcalde presidente