Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30800

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de información pública sobre o contrato do servizo de monitores nas escolas municipais culturais.

Anuncio de licitación do contrato do servizo de monitores nas escolas municipais culturais das Pontes de García Rodríguez.

O Concello das Pontes de García Rodríguez vai contratar, por procedemento aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación, o mencionado servizo.

Prezo do contrato: o importe anual de licitación é de 68.548,28 €, IVE incluído.

Lote 1: escola municipal de música e danza tradicional: 30.787,70 € anuais, IVE incluído.

Lote 2: escola municipal de baile moderno, danza clásica e flamenco: 37.760,58 € anuais, IVE incluído.

Prazo de execución: o contrato terá unha duración de dous anos prorrogables un ano máis.

Presentación de ofertas: o prazo será de quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do último anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: os pregos están dispoñibles no perfil do contratante do Concello no enderezo www.aspontes.com

As Pontes de García Rodríguez, 2 de xullo de 2012

Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado