Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30801

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO de información pública sobre reforma e ampliación de instalacións para explotación de gando vacún de leite en Fradé.

Marcos Gómez Feás, en representación de Souto Frade, S.C., solicita desta alcaldía licenza municipal para proxecto de reforma e ampliación de instalacións para explotación de gando vacún de leite existente, situada en Fradé-Santiago de Fradé. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Taboada, 4 de xullo de 2012

Ramiro Moure Ansoar
Alcalde