Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30802

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de aprobación provisional dos estatutos do Consorcio para a xestión do ciclo urbano da auga do Louro.

Aprobación provisional dos estatutos do Consorcio para a xestión do ciclo urbano da auga do Louro.

Aprobados provisionalmente os estatutos do Consorcio para a xestión do ciclo urbano da auga do Louro, na asemblea celebrada o 5 de xuño de 2012, en cumprimento do artigo 140.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, expóñense ao público durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan presentar as observacións e suxestións que estimen precisas, estando os estatutos á súa disposición en cada un dos concellos consorciados, así como na sede do organismo autónomo Augas de Galicia.

As observacións e suxestións dirixiranse ao presidente da comisión xestora do Consorcio para o saneamento do río Louro, e poderán presentarse en calquera dos concellos consorciados ou na entidade pública empresarial Augas de Galicia, nas formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administraciósn públicas e do procedemento administrativo común.

Tui, 8 de xuño de 2012

Moisés Rodríguez Pérez
Presidente da Comisión Xestora