Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30803

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre licenzas urbanísticas para varias actividades e en diversos lugares.

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nos lugares que a seguir se indican:

1. Solicitante: Maquinaria y Herramientas Mahecón, S.L. Actividade: comercio por xunto de maquinaria de construción. Localización: Matamá-O Pazo (Cr) nº 52. Expedientes: 69237/421 e 36179/422.

2. Solicitante: Guanglan Chen. Actividade: bazar. Localización: rúa Sanjurjo Badía nº 244. Expedientes: 68484/421 e 35711/422.

3. Solicitante: Álvaro Bastida Freijedo. Actividade: gabinete de saúde bucodental. Localización: Vía Hispanidade nº 82. Expedientes: 76378/421 e 39212/422.

4. Solicitante: Prosperidad Jianquian, S.L. Actividade: venda polo miúdo (roupa, calzado, utensilios de cociña, xoguetes, ferramentas manuais etc.). Localización: avda. Castelao nº 13. Expedientes: 76523/421 e 39268/422.

5. Solicitante: Automecánica Lito´s. Actividade: taller de reparación de vehículos (rama mecánica). Localización: rúa Ameal nº 33. Expedientes: 76532/421 e 39275/422.

6. Solicitante: Centro Odontológico Alba, S.L. Actividade: clínica dental. Localización: rúa Otero Pedrayo nº 5. Expedientes: 76546/421 e 39284/422.

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletin Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta-1 do Edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 28 de xuño de 2012

Mª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos
e Grandes Proxectos