Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30805

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre punto limpo e recuperación de materiais inertes no Pousadoiro (Cea).

Por Restauración del Hábitat y Medio Ambiente Caamaño, S.L., entidade representada por Juan José Caamaño Iglesias, solicitou licenza municipal de actividade para punto limpo e recuperación de materiais inertes que se instalará no Pousadoiro-Cea. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente, no Departamento de Actividades Clasificadas do concello, e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 3 de xullo de 2012

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde presidente