Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30806

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO do Servizo de Xestión Tributaria e Recadación sobre ampliación de asunción pola Deputación de Lugo de competencias en materia de xestión tributaria do Concello de Vilalba.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 41, do día 19 de febreiro de 2008 publícanse as bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, así como o alcance e contido da delegación efectuada, entre outros polo Concello de Vilalba, e foi tamén publicado no Diario Oficial de Galicia número 46 do día 5 de marzo de 2008.

No Boletín Oficial da provincia número 286 do día 13 de decembro de 2008 publícase a reforma das citadas bases.

O Concello de Vilalba amplía a delegación de competencias, mediante comunicado do alcalde do día 21 de maio de 2012, que é aceptada pola Deputación de Lugo (Decreto 1853 do día 11.6.2012), segundo o teor literal seguinte:

«Asunto: Xestión, inspección e recadación IVTM.

Para continuar co proceso de adhesión deste Concello ao convenio asinado con ese organismo en materia de xestión, inspección e recadación de tributos e outros, así como en cumprimento dos acordos plenarios do 11.1.2008 sobre delegación de competencias nas ditas materias, e do 30.5.2008 aclaratorio do anterior, no senso de que no caso do imposto municipal de vehículos quedaría en suspenso a efectividade de tal delegación en período voluntario, en canto non se extinguise a obriga existente coa persoa encargada do servizo municipal de recadación, e unha vez efectuados os trámites que regularizaron a súa situación xurídica, a relación contractual extinguiuse o pasado 15.5.2012.

En consecuencia, esta entidade procederá a cumprir integramente o acordo de delegación, tendo plena efectividade o segundo deles, polo que desde este momento e en diante, será a Deputación Provincial o organismo encargado da «xestión, inspección e recadación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica», tanto en período voluntario como en período executivo, sendo xa de aplicación ao actual exercicio 2012.

Para isto e co fin de recadar o dito imposto, especialmente o do presente exercicio, esta entidade facilitará toda a información necesaria para levar a cabo as tarefas previas, e en todo momento se prestará calquera colaboración que for precisa, co obxecto de conseguir unha recadación máis áxil e efectiva».

A base décimo terceira (réxime de vixencia), no seu número 3, establece que:

«3. Durante a vixencia da delegación, e sen que afecte o período sinalado nesta, calquera concello poderá ampliar ou seu contido dentro do marco establecido nestas bases, mediante acordo plenario comunicado á Deputación Provincial, e producirá efecto desde a data da súa publicación no BOP e no DOG».

Lugo, 20 de xullo de 2012

P.D. (Decreto nº 2821/2011, do 15 de xullo)
Mª del Pilar García Porto José Antonio Mourelle Cillero
Deputada delegada de Economía, Secretario da Deputación Provincial
Recadación e Facenda de Lugo