Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30798

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Crecente

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación das normas subsidiarias municipais de Crecente.

Aprobada inicialmente a modificación das normas subsidiarias municipais de Crecente, por Acordo do Pleno do 22 de xuño de 2012 , de conformidade co artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas para as seguintes áreas: instalacións afectadas pola ordenanza de equipamento sanitario e asistencial.

A duración da suspensión é de dous anos contada a partir da aprobación e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Crecente, 22 de xuño de 2012

Julio César García-Luengo Pérez
Alcalde