Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, tramitado con carácter ordinario, para a contratación do arrendamento, con opción de compra, e mantemento do sistema de almacenamento, servidores centrais e sistemas de backup en cintas do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (AB-CHO1-12-001).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos, Sección de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: edificio de administración, planta baixa. Sección de Contratación.

2. Domicilio: rúa Ramón Puga, 52.

3. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4. Teléfono: 988 38 59 49.

5. Telefax: 988 38 50 08.

6. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de documentación.

d) Número de expediente: AB-CHO1-12-001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: arrendamento, con opción de compra, e mantemento do sistema de almacenamento, servidores centrais e sistemas de backup en cintas do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: véxase o punto 5.1 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de execución/entrega: véxase o punto 14 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: véxase o punto 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV: 30211300-4 Plataformas informáticas.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso: véxase o punto 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: arrendamento: 741.468,45 €/mantemento: 360.226,48 €/Total: 1.101.694,93 €.

5. Orzamento base de licitación: arrendamento: 741.468,45 € (sen IVE) 874.932,77 € (con IVE)/mantemento: 360.226,48 € (sen IVE) 425.067,23 € (con IVE)/Total: 1.101.694,93 € (sin IVE) 1.300.000,00 € (con IVE).

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica, se é o caso: véxanse os puntos 16 e 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 17 de agosto de 2012. Se o último día do prazo de presentación de ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na alínea 1.c.3. desta resolución, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: véxase o punto 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: véxase o punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Número previsto de empresas que se pretenden invitar para presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: véxase o punto 11.3 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: véxase o punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Dirección: sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos, 1ª planta do edificio de administración; rúa Ramón Puga, 52.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Data e hora (sobres B e C): publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: véxase o punto 26 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 12.7.2012.

12. Outras informacións.

Ourense, 5 de xullo de 2012

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras