Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30350

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Tui

EDICTO (204/2010).

Procedemento: ordinario 204/2010.

Sobre: reclamación de cantidade.

De: Banco Popular Español, S.A.

Procurador: Juan Manuel Señoráns Arca.

Contra: Luso Lima Construcciones, S.A., Álvaro Amorím Baptista dos Santos, Joao Luis Soares dos Santos.

Carmen Carrera Rafael, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Tui, polo presente anuncio que no presente procedemento ordinario 202/2010, seguido por instancia de Banco Popular Español, S.A. fronte a Luso Lima Construcciones, S.A., Álvaro Amorím Baptista dos Santos, Joao Luis Soares dos Santos, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 58/2012.

Tui, 21 de xuño de 2012

Vistos por min, Marcos Amboage López, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Tui, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos por instancia de:

– Banco Popular, S.A., representada polo procurador Sr. Señoráns Arca e asistido polo letrado José Manuel Pampín García, fronte a:

– Luso Lima Construcciones, S.A., Álvaro Amorín Baptista dos Santos e Joao Luis Soares dos Santos, en rebeldía procesual.

Seguen antecentes de feito.

Seguen fundamento de dereito.

Decido que estimo a demanda presentada polo procurador Señoráns Arca, en nome e representación de Banco Popular, S.A. fronte a Luso Lima Construcciones, S.A., Álvaro Amorín Baptista dos Santos e Joao Luis Soares dos Santos e condénoos solidariamente ao aboamento da suma de 10.134,43 euros, incrementados co xuro de mora pactado desde o peche da conta, producido o 18 de xullo de 2008, con imposición de custas aos demandados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que cabe recurso de apelación sen efectos suspensivos e que se interporá no prazo dos vinte (20) días hábiles seguintes á notificación desta resolución ante este mesmo órgano xurisdicional.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos da súa razón, quedando a orixinal no libro de sentenzas, o pronuncio, mando e asino».

E encontrándose os ditos demandados, Luso Lima Construcciones, S.A., Álvaro Amorím Baptista dos Santos e Joao Luis Soares dos Santos, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Tui, 22 de xuño de 2012

A secretaria xudicial