Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30349

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia convocatoria do procedemento de mobilidade voluntaria nas categorías de persoal de xestión e servizos do persoal estatutario fixo no cadro de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Conforme os criterios reitores das bases de mobilidade voluntaria do persoal estatutario fixo, correspondentes ás categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional e de persoal de xestión e servizos das institucións sanitarias de atención especializada do Servizo Galego de Saúde aprobadas pola Mesa Sectorial o 23 de decembro de 2009, a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, tras un proceso de negociación coa representación legal dos traballadores deste centro sanitario, e con base nas competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 23 de maio (DOG núm. 109,
do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e a Orde do 5 de xullo de 2012 ( DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Anunciar a convocatoria de mobilidade voluntaria do persoal estatutario fixo do cadro de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela das categorías de persoal de xestión e servizos, a relacion de prazas que se poden solicitar (anexo I), así como as bases que rexerán a convocatoria (anexo II).

A formalización das solicitudes de participación, así como o rexistro dos méritos para a súa posterior valoración, efectuarana as persoas concursantes a través do currículo do profesional habilitado electronicamente (FIDES expedient-e), ao cal se accederá na forma que se indica no anexo III.

Segundo. Ordenar a súa publicación nos tabolerios de anuncios do complexo.

Contra desta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicidade no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2012

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela