Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30352

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Tui

EDICTO (352/2010).

Procedemento: ordinario 352/2010.

Sobre: reclamación de cantidade.

De: Caja de Ahorros Municipal de Vigo.

Procurador: Juan Manuel Señoráns Arca.

Contra: Diego Jiménez Borja, María Ángeles Escudero Ferreduela.

Carmen Carrera Rafael, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Tui, polo presente anuncio que neste procedemento ordinario 352/2010, seguido por instancia de Caja de Ahorros Municipal de Vigo fronte a Diego Jiménez Borja, María Ángeles Escudero Ferreduela, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 59/2012.

Tui, 21 de xuño de 2012

Vistos por min, Marcos Amboage López, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Tui, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos por instancia de:

– Caja de Ahorros Municipal de Vigo, S.A., subrogada por Nova Galicia Banco, S.A., representada polo procurador Sr. Señoráns Arca e asistido polo letrado Fernando Búa Gil, fronte a:

– María de los Ángeles Escudero Ferreduela e Diego Jiménez Borja, en rebeldía procesual.

Seguen antecedentes de feito.

Seguen fundamentos xurídicos.

Decido que estimo a demanda presentada polo procurador Sr. Señoráns Arca, en nome e representación de Caja de Ahorros Municipal de Vigo, S.A., subrogada por Nova Galicia Banco, S.A. fronte a María de los Ángeles Escudero Ferreduela e Diego Jiménez Borja, e condénoos solidariamente ao pagamento de 21.445,52 euros, máis o xuro xerado por esa suma desde o 22 de xullo de 2010, con imposición de custas aos demandados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que cabe recurso de apelación sen efectos suspensivos e que se interporá no prazo dos vinte (20) días hábiles seguintes á notificación desta resolución ante este mesmo órgano xurisdicional.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos da súa razón, quedando a orixinal no libro de sentenzas, o pronuncio, mando e asino».

E encontrándose os ditos demandados, Diego Jiménez Borja e María Ángeles Escudero Ferreduela, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Tui, 22 de xuño de 2012

A secretaria xudicial