Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30220

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (119/2012).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 119/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Mallo González contra a empresa Aislamientos Pemos, S.L., TCA Instalaciones, S.L., sobre despedimento, se ditou auto de aclaración de sentenza, cuxa parte dispositiva di:

Que debo rectificar a sentenza ditada nas presentes actuacións o pasado 31 de maio de 2012, no sentido fixado no fundamento de dereito segundo da presente resolución; queda excluída a mención que se realiza ao longo dela do Fondo de Garantía Salarial, que non foi citado ao acto do xuízo que tivo lugar o pasado 28 de maio de 2012.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe interpor recurso ningún distinto ao que, de ser o caso, se poida interpor contra a resolución aclarada. Así, por este auto, mándao e asínao María Marta Guillemet García, xuíza substituta do Xulgado do Social número 5 da Coruña.

A Coruña, 6 de xullo de 2012

A secretaria xudicial