Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30221

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (745/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña (reforzo), fago saber que no procedemento ordinario 745/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Rey Cotelo e Ricardo Rey Pose contra a empresa Conszoa, S.L., ditouse sentenza número 429/12 cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 18 de xuño de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 745/2010, sendo demandantes Ricardo Rey Cotelo e Ricardo Rey Pose, representados polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, e demandada a empresa Construcciones Conszoa, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Ricardo Rey Cotelo e Ricardo Rey Pose contra a empresa Construcciones Conszoa, S.L., e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a Ricardo Rey Cotelo a cantidade de 2.554,82 euros e a Ricardo Rey Pose a suma de 1.953,25 euros que lles debe, cantidades que deberán incrementarse co xuro de demora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación á empresa Construcciones Conszoa, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 22 de xuño de 2012

A secretaria xudicial