Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30222

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (755/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 755/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Pardo Díaz contra a empresa Lorenvar, S.L., ditouse sentenza número 431/12 cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 18 de xuño de 2012

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 755/2010, sendo demandante José Manuel Pardo Díaz, representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, e demandada a empresa Lorenvar, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Manuel Pardo Díaz contra a empresa Lorenvar, S.L., e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a José Manuel Pardo Díaz a cantidade de 2.414,63 euros que lle debe.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación á empresa Lorenvar, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 22 de xuño de 2012

A secretaria xudicial