Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30223

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (780/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña (reforzo), fago saber que no procedemento ordinario 780/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Juncal Taibo contra a empresa Promogal, S.L., ditouse sentenza número 432/12 cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 18 de xuño de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 780/2010, sendo demandante Ramón Juncal Taibo, representada polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, e demandada a empresa Contratas Promogal, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Ramón Juncal Taibo contra a empresa Contratas Promogal, S.L., e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a Ramón Juncal Taibo a cantidade de 2.134,86 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación á empresa Contratas Promogal, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 22 de xuño de 2012

A secretaria xudicial