Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30224

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (789/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 789/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Brea Rodríguez contra a empresa Antonio Andrés Díaz, S.L. ditouse sentenza 433/12 cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 18 de xuño de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 789/2010, sendo demandante Juan Carlos Brea Rodríguez, representado polo letrado Sr. Orantes Canales, e demandada a empresa Antonio Andrés Díaz, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Juan Carlos Brea Rodríguez contra a empresa Antonio Andrés Díaz, S.L., e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a Juan Carlos Brea Rodríguez a cantidade de 3.499,42 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Antonio Andrés Díaz, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 22 de xuño de 2012

A secretaria xudicial