Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30219

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (163/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 163/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Antonio Lamas Hermida contra a empresa Chimpote Inversiones, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Antonio Lamas Hermida contra a entidade Chimpote Inversiones, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Chimpote Inversiones, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.706,16 € brutos por salarios impagados de setembro a decembro de 2011.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229 da Lei de procedemento laboral. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario, a empresa Chimpote Inversiones, S.L., que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xullo de 2012

A secretaria xudicial