Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30172

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello acordou, na sesión do 25.6.2012:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal que redactou a empresa Monteoliva Arquitectura e que clasifica o solo e define os elementos fundamentais da estrutura xeral do territorio deste municipio.

Segundo. Que o plan aprobado inicialmente con todos os documentos integrantes do expediente tramitado, sexa sometido:

1. Ás consultas previstas no documento de referencia.

2. Ao trámite de información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia.

3. Ao trámite de audiencia aos concellos limítrofes, durante o mesmo prazo.

Terceiro. Solicitar das administracións públicas competentes, ao mesmo tempo que o trámite de información pública, os informes sectoriais que resulten necesarios e que deberán ser emitidos no prazo máximo dun mes, agás que a lexislación sectorial sinale outro prazo.

Cuarto. Enviar ao órgano ambiental a documentación completa do plan, unha vez transcorrido o período de consultas e información publica e con carácter previo á aprobación provisional ou á definitiva cando a provisional non sexa preceptiva.

Quinto. Suspender as licenzas coas seguintes excepcións:

1. En solo rústico poderían outorgarse licenzas sempre que simultaneamente se cumpran as condicións do plan vixente (aplicando a disposición transitoria primeira: Réxime aplicable aos municipios con planeamento non adaptado) e as do plan aprobado inicialmente.

2. En núcleo rural poderíanse outorgar licenzas sempre que simultaneamente se cumpran as condicións do plan vixente (aplicando a disposición transitoria primeira: Réxime aplicable aos municipios con planeamento non adaptado) e as do plan aprobado inicialmente.

3. En solo urbano suspéndense licenzas coa excepción daqueles ámbitos que, tendo normas zonais similares (mesma tipoloxía…), cumpran simultaneamente as condicións do plan vixente e do plan aprobado inicialmente.

Quedan excluídos da suspensión de licenzas os ámbitos de planeamento subsistente que se recollen no plan aprobado inicialmente e que son os dous plans especiais de reforma interior de Corme, o solo urbano empresarial da Mezquita. Este último sempre e cando se aprobase definitivamente.

Ponteceso, 27 de xuño de 2012

José Luis Fondo Aguiar
Alcalde