Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30171

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterroso

ANUNCIO de información pública para a construción de corte para gando vacún e fosa de xurro en Penas.

Carlos Rodríguez Carnero, en representación de SAT Esteba, solicita desta alcaldía licenza municipal para a construción de corte para gando vacún e fosa de xurro no lugar de Penas-Monterroso. O que se somete a información pública de acordo co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de vinte días para os efectos de alegacións que os interesados consideren oportunas.

Monterroso, 18 de xullo de 2012

Antonio E. Gato Soengas
Alcalde