José Manuel López Vázquez, en representación de Casa Roke, S.C., solicita desta alcaldía licenza municipal para a construción de nave para gando vacún, almacén e fosa de xurro en Ligonde-Monterroso. O que se somete a información pública de acordo co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de vinte días para os efectos de alegacións que os interesados consideren oportunas.
Monterroso, 18 de xullo de 2012
Antonio E. Gato Soengas
Alcalde