Mónica Castro Perea solicita desta alcaldía licenza municipal para a construción de silos de forraxe para explotación existente en Vilamaior-Monterroso. O que se somete a información pública de acordo co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de vinte días para os efectos de alegacións que os interesados consideren oportunas.
Monterroso, 18 de xullo de 2012
Antonio E. Gato Soengas
Alcalde