Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30168

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre a instalación de taller de reparación de automóbiles.

Manuel Antonio Piñeiro Muñoz solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de taller de reparación de automóbiles, rama mecánica, especialidade en reparación de equipamentos de inxección, na rúa da Industria, parcela 93.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto– poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 31 de maio de 2012

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo