Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución LAT aérea/subterránea a 220 kV, simple circuíto entrada e saída en Eirís, da liña Mesón do Vento-Porto, no termo municipal da Coruña (expediente IN407A 2009/296).

Examinado o expediente instruído a pedimento da empresa Red Eléctrica de España, S.A.U., con enderezo para efectos de notificación en Paseo del Conde de los Gaitanes, 177, Alcobendas (Madrid), resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Por Resolución do 8 de febreiro de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizouse administrativamente a LAT 220 kV entrada e saída en Eirís da liña Mesón do Vento-Porto, nos termos municipais de Culleredo e A Coruña (A Coruña). Expediente IN407A 2009/296.

Segundo. Con data do 9 de maio de 2011, Unión Fenosa Distribución, S.A., no nome e representación de Red Eléctrica de España, S.A.U., presenta solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da citada instalación, presentando o preceptivo proxecto de instalacións e achegando a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. No escrito de solicitude faise constar que o proxecto de execución presentado se elaborou tomando razón dos informes emitidos na tramitación do anteproxecto, fixando o trazado definitivo consensuado e redactado en observancia das prescricións técnicas precisas para a súa adaptación á normativa de todos os servizos afectados. Xunto co escrito de solicitude achégase escrito asinado con data do 20 de abril de 2011 por Unión Fenosa Distribución, S.A. e Red Eléctrica de España, S.A.U., segundo o cal ambas as dúas entidades acadaron acordo en virtude do cal Red Eléctrica de España, S.A.U. accede a que a tramitación iniciada no seu nome respecto á liña de referencia se leve a cabo por parte de Unión Fenosa Distribución, S.A., no nome e representación de Red Eléctrica de España, S.A.U., outorgándose as correspondentes autorizacións a esta última entidade.

Terceiro. As características técnicas básicas das instalacións son as seguintes:

Liña eléctrica de alta tensión aerosubterránea a 220 kV de 5.553 m de lonxitude total, dos cales 158 m son en aéreo e 4.867 m en subterráneo en condutor LA-455 Cóndor e RHE-RA-2OL-2000M+H250 Al, con orixe no apoio nº 325 da LAT Mesón do Vento-Porto, pasando pola nova subestación de Eirís e final na LSAT Grela 2 Porto, en cámara de empalme na estrada de Baños de Arteixo AC-552.

Concello: A Coruña.

Cuarto. Por Acordo do 18 de maio de 2011, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación, que se publicou no DOG do 16 de xuño de 2011 e no BOP da Coruña do 2 de xuño de 2011.

Quinto. Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non consta a presentación de alegacións.

Sexto. Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan bens, instalacións, obras ou servizos, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, no seu caso, establecesen o condicionado procedente.

Sétimo. A solicitude obxecto deste expediente conta co informe favorable da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; Decreto 79/2009, do 19 de abril e Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polos que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e das consellerías desta (DOG do 20.4.2009 e 5.1.2012, respectivamente), Decreto 324/2009, do 11 de xuño (DOG do 17.6.2009) polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, modificada pola Lei 17/2007, do 4 de xullo, e a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo. O proxecto cumpre o disposto no Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 010 a 09, e, en concreto, na súa ITC-LAT 09.

Terceiro. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar administrativamente a LAT aerosubterránea a 220 kV simple circuíto entrada e saída en Eirís da liña Mesón do Vento-Porto, no termo municipal da Coruña.

2. Aprobar o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, asinado polo enxeñeiro industrial David Gavin Asso, e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, delegación da Coruña, con visado dixital núm. CO103020, con data do 28 de setembro de 2010 e cun orzamento total de 10.279.955 euros.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberase cumprir canto establecen os regulamentos técnicos de aplicación, así como demais normativas e directrices vixentes aplicables.

Cuarta. Deberase cumprir co recollido nos condicionados emitidos durante a tramitación administrativa do expediente polas distintas administracións, organismos, ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas polo proxecto en bens e dereitos ao seu cargo.

Quinta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria autorización previa da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.

Sexta. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data de notificación da presente resolución.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos pola empresa promotora.

Sétima. Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución.

Oitava. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Novena. Esta autorización dáse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas