Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2012/14-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Autoridade Portuaria. CIF: Q1567003G.

Domicilio social: avda. da Marina, 3, 15001 A Coruña.

Denominación: proxecto eléctrico de novas instalacions portuarias Punta Langosteira.

Situación: O Portiño, Suevos, Arteixo.

Descricións técnicas: LMT subterránea en anel de 8,29 km de lonxitude; cable RHZ1-12/20 kV-3 (1×240 mm2) Al, con arranque e remate en CS 15 CCKE de Gas Natural Fenosa. Un centro de distribución e medida e 3 CCTT con transformador de 630 kVA c/u, en aceite, relación 15/0,42 kV, en caseta prefabricada de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 18 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña